Benvidos á sección de información do presente curso 2020-2021! Antes de nada, queremos agradecer a todas as familias a confianza depositada un ano máis no noso colexio, sobre todo nos tempos atípicos que estamos a vivir.
Este ano, o lema do Instituto Calasancias é «É o teu momento, implícate!», e queremos facer fincapé nel. Pese ás dificultades que estamos a vivir pola crise sociosanitaria, todos sairemos máis fortes e unidos ca nunca.
Nesta sección poderedes atopar información relativa ao horario escolar, calendario escolar, horario de atención a familias, entrevistas persoais cos titores, actividades extraescolares, servizos complementarios, actividades de pastoral e sobre os protocolos do covid-19.
A atención a familias realizarase, preferentemente, de maneira telemática e, de ser o caso, mediante chamada telefónica.
Porén cando sexa imprescindible a atención persoal no centro farase coas debidas medidas de protección.
De Luns a Xoves: 8:00 a 19:00h.
Venres: 8:00 a 17:45h.
Mércores: 13:00 a 14:00h.
Martes: 16:00 a 17:00h.
Luns: 16:00 a 17:00h.
ESO: Mércores de 16:00 a 17:00
EP: Mércores de 13:00 a 14:00
Luns e Mércores: 9:30 a 13:00
Martes e Xoves: 16:00 a 18:00
As titorías con familias realizaranse, preferentemente, de maneira telemática mediante a aplicación Teams a través da Plataforma EDUCAMOS e, de ser o caso, mediante chamada telefónica.
Porén a xuízo do titor/a e, previa autorización da dirección do centro, poderase realizar (de maneira moi excepcional) a titoría presencial coas debidas medidas de protección.
Faranse –previo aviso– nos días e horas que se sinalan de seguido:
A oferta de extraescolares do colexio busca a coherencia co proxecto eduactivo do centro. Como centro plurilingüe a colaboración con Schoolhouse e un complemento perfecto que facilitará aos nosos alumnos a posibiliade de certificación nos diferentes niveis regulados no marco común europeo de referencia.
A oferta en extraescolares complétase coas diferentes actividades artísticas e/ou deportivas necesarias para un desenvolvemento integral dos nosos alumnos.
E. INFANTIL (4 e 5 anos): Luns e Mércores de 14:00 a 14:50h.
E. INFANTIL (3 anos) : Martes e Xoves de 14:00 a 14:50h.
E. PRIMARIA:
Luns e Mércores ou Martes e Xoves de 13:00 a 13:50h ou de 14:00 a 14:50h.
ESO: Luns e Mércores de 16:00 a 16:50h.
Martes e Xoves: 17:15 a 18:30h.
Luns (1º a 3º): 17:15 a 18:45h.
Xoves (4º a 6º): 17:15 a 18:45h.
Luns e Mércores: 14:00 a 15:00
Baloncesto: 17:15 a 18:45h.
Luns, Mércores, Xoves e Venres:
15:30 a 17:15h.
Unha vez finalizado o horario lectivo de clases, aqueles alumnos/as que non asistan ás Actividades Extraescolares, non deben permanecer no recinto escolar.
No noso colexio cremos que unha boa formación cristiá contribúe a unha educación integral. Tentamos transmitir aos alumnos/as valores evanxélicos a través da educación en valores, das reunións e actividades do grupo xuvenil Movemento Calasancio, das celebracións e expresións de Fe, das campañas de solidariedade e dos programas de acción titorial.
O colexio oferta o servizo de aula matinal coa finalidade de conciliar a vida laboral e familiar das nosas familias. Os alumnos poderán vir o colexio dende as 7:30 ata o inicio da actividade escolar. A empresa de extraescolares será a encargada de xestionar este servizo propoñendo diferentes actividades.
Somos conscientes de que o comedor escolar desenvolve una función educativa moi importante. Debe servir para fomentar unha dieta variada e equilibrada, así como para promover a diversidade gastronómica. A idade escolar é un periodo no que non só se debe proporcionar un aporte adecuado de enerxía e nutrientes para garantir un bo estado nutricional, senón que é unha etapa decisiva para instaurar uns hábitos e comportamentos alimentarios saudables que perduren no tempo e se manteñan na idade adulta.
O colexio dispón de cociña propia onde elaboramos a comida todos os días e as familias teñen dispoñible o menú diario na web do centro www.calasancias-vigo.org. O colexio pode adaptar o seu menú ás necesidades dos alumnos que, por calquera circunstancia, teñan necesidades específicas nesta materia.
Ofértase ruta de transporte escolar de mañá e tarde dende Travesía de Vigo ata o alto da encarnación (Chapela) pasando tamén polo centro da cidade (rúa Rosalía de Castro )
Aquelas familias que usen o servicio de transporte e comedor poderán ser beneficiarias dun precio especial. Para máis información consultar na secretaría do centro.
Para unha boa comunicación familia-escola o colexio pon a disposición das familias a plataforma EDUCAMOS. Grazas a esta plataforma as familias poderán ter unha comunicación directa co titor/titora dos alumnos en todo o referente ao seu seguimento académico e ademais disporán da información actualizada das comunicacións xerais do colexio.
Educamos facilita tamén o uso das ferramentas necesarias para teleconferencias ou comunicación por correo electrónico nun entorno seguro.