Benvidos á sección de información do presente curso 2022-2023. Antes de nada, queremos agradecer a todas as familias a confianza depositada un ano máis no noso colexio.
Este ano, o lema do Instituto Calasancio é «É tempo de saír» Despois dos anos vividos, recuperamos a normalidade e saímos de nos mesmos e da nosa zona de confort para ir ao encontro de Outro (Deus), dos outros (os irmáns) e do outro (contorno natureza)
Nesta sección poderedes atopar información relativa ao horario escolar, calendario escolar, horario de atención a familias, entrevistas persoais cos titores, actividades extraescolares, servizos complementarios e actividades de pastoral .
ETAPA | MAÑÁ | TARDE |
EDUCACIÓN INFANTIL | 9:30 – 12:50 h | 15:15- 17:10 h |
EDUCACIÓN PRIMARIA | 9:30 – 13:00 h | 15:15- 17:15 h |
ESO | 8:30 – 14: 30 h | 16:00 – 18: 00 h (martes) |
FPB | 8:30 – 14: 30 h | 16:00 – 18: 00 h (martes) |
Os alumnos accederán ás aulas 5 minutos antes do inicio da xornada escolar.
Actualización: A data da 3º avaliación e a da avaliación final da ESO e do 1º CFGB será o 27 de xuño.
AVALIACIÓN | ETAPA | ||
E. INFANTIL e PRIMARIA | ESO /1º CFGB | 2º CFPB | |
1ª avaliación | 22 de decembro | 2 de decembro | 2 de decembro |
2ª avaliación | 31 de marzo | 10 de marzo | 31 de marzo |
3ª avaliación | 21 de xuño | 9 de xuño | —- |
Final | 21 de xuño | 27 de xuño | 20 de abril |
De Luns a Xoves: 8:15 a 19:00h.
Venres: 8:00 a 17:45h.
Mércores: 13:00 a 14:00h.
Lunes: 16:15a 17:15h.
Xoves: 16:15 a 17:15h.
ESO: Mércores de 12:45 a 13:45h
EI - EP: Mércores de 13:00 a 14:00h
Luns e Mércores: 9:30 a 13:00
Martes e Xoves: 16:00 a 18:00
As entrevistas cos titores son parte esencial do proceso de aprendizaxe. Poden solicitarse a través da Plataforma Educamos.
CURSO | TITORA | HORARIO |
3 anos | Iria Ortigosa | Xoves 13:00 – 14:00 h |
4 anos A | Ana Ayán | Luns, 13:00 – 14:00 h |
4 anos B | Begoña Hermoso | Luns, 13:00 – 14:00 h |
5 anos | Begoña Fernández | Mércores 13:00 – 14:00 h |
CURSO | TITORA | HORARIO |
1º A EP | Verónica Riveiro | Xoves 17:15 – 18:15 h |
1º B EP | Sarah Callo | Venres 16:15 – 17:15 h |
2º A EP | Andrea Martínez | Venres 13:00 – 14:00 h |
2º B EP | Belén Bande | Luns 17:15 – 18:15 h |
3º A EP | Andrea Novo | Venres 9:30 – 10:30 h |
3º B EP | Alicia Meniño | Luns 17:15 – 18:15 h |
4º A EP | Marta Novo | Xoves 17:15 – 18:15 h |
4º B EP | Estela Lago | Xoves 17:15 – 18:15 h |
5º A EP | Celia García | Xoves 13:00 – 14:00 h |
5º B EP | Sara Couso | Xoves 16:15 – 17:15 h |
6º A EP | Sandra Gallardo | Luns 17:15 – 18:15 h |
6º B EP | Gema Zubiri | Xoves 17:15 – 18:15 h |
CURSO | TITOR/A | HORARIO |
1º A ESO | Raquel Mejuto | Martes 10:25 – 11:20 h |
1º B ESO | Celia Ameneiro | Martes 11:50 – 12:45 h |
2º A ESO | Ana I, Franco | Xoves 9:30 – 10:25 h |
2º B ESO | Román González | Luns 10:25 – 11:20 h |
3º A ESO | Natalia Eiriz | Luns 9:30 – 10:25 h |
3º B ESO | Cristina López | Mércores 11:50 – 12:45 h |
4ºA ESO | Mercedes López | Xoves 9:30 – 10:25 h |
4º B ESO | Humberto Diéguez | Martes 9:30 – 10:25 h |
CURSO | TITOR/A | HORARIO |
1º FPB | Emma K. Cox | Mércores 11:50 – 12:45 h |
2º FPB | Gerardo García | Venres 10:25 – 11:20 h |
A oferta de extraescolares do colexio busca a coherencia co proxecto educativo do centro. Como centro plurilingüe a colaboración con Schoolhouse e un complemento perfecto que facilitará aos nosos alumnos a posibiliade de certificación nos diferentes niveis regulados no marco común europeo de referencia.
A oferta en extraescolares complétase coas diferentes actividades artísticas e/ou deportivas necesarias para un desenvolvemento integral dos nosos alumnos.
Tedes toda a información referente a horarios e ao proceso de inscripción en www.calasancias-vigo.org/extraescolares
Unha vez finalizado o horario lectivo de clases, aqueles alumnos/as que non asistan ás Actividades Extraescolares, non deben permanecer no recinto escolar.
No noso colexio cremos que unha boa formación cristiá contribúe a unha educación integral. Tentamos transmitir aos alumnos/as valores evanxélicos a través da educación en valores, das reunións e actividades do grupo xuvenil Movemento Calasancio, das celebracións e expresións de Fe, das campañas de solidariedade e dos programas de acción titorial.
O colexio oferta o servizo de aula matinal coa finalidade de conciliar a vida laboral e familiar das nosas familias. Os alumnos poderán vir o colexio dende as 7:30 ata o inicio da actividade escolar. A empresa de extraescolares será a encargada de xestionar este servizo propoñendo diferentes actividades.
Somos conscientes de que o comedor escolar desenvolve una función educativa moi importante. Debe servir para fomentar unha dieta variada e equilibrada, así como para promover a diversidade gastronómica. A idade escolar é un periodo no que non só se debe proporcionar un aporte adecuado de enerxía e nutrientes para garantir un bo estado nutricional, senón que é unha etapa decisiva para instaurar uns hábitos e comportamentos alimentarios saudables que perduren no tempo e se manteñan na idade adulta.
O colexio dispón de cociña propia onde elaboramos a comida todos os días e as familias teñen dispoñible o menú diario na web do centro www.calasancias-vigo.org. O colexio pode adaptar o seu menú ás necesidades dos alumnos que, por calquera circunstancia, teñan necesidades específicas nesta materia.
Ofértase ruta de transporte escolar de mañá e tarde dende Travesía de Vigo ata o alto da Encarnación (Chapela) pasando tamén polo centro da cidade (rúa Rosalía de Castro )
Aquelas familias que usen o servicio de transporte e comedor poderán ser beneficiarias dun precio especial. Para máis información consultar na secretaría do centro.
Para unha boa comunicación familia-escola o colexio pon a disposición das familias a plataforma EDUCAMOS. Grazas a esta plataforma as familias poderán ter unha comunicación directa co titor/titora dos alumnos en todo o referente ao seu seguimento académico e ademais disporán da información actualizada das comunicacións xerais do colexio.
Educamos facilita tamén o uso das ferramentas necesarias para teleconferencias ou comunicación por correo electrónico nun entorno seguro.