Esta semana, estamos a celebrar o Entroido. Todos os días, o Meco vai dar unha serie de instrucións que… ¡Todos temos que cumprir!
Que emoción! Con que nos sorprenderá o Meco?
Oxalá que con propostas moi divertidas… Que viva o Entroido!
LUNS, 08 DE FEBREIRO
Meco: Ola rapaces! Xa estou aquí de novo, e dende a miña posición privilexiada, podo ver ollos fermosamente pintados e lentes chamativos. Moi ben! Gústame ver que se cumpren os meus mandatos. Imos seguir trouleando un pouquiño… Mañá martes, o noso cabelo toca destacar. E cun peiteado ou complemento chamativo, ou ben cunha perruca cubrir, achegarémonos ao colexio… Ata mañá!
MÉRCORES, 10 DE FEBREIRO
Meco:Ola de novo! Achegámonos ao xoves, e xa estamos preto da fin de semana. Así que como na casa nos sentimos, con bata ao cole nos achegaremos.
XOVES, 11 DE FEBREIRO
Meco: Bos días! Que contento estou! Vimos de pasar unha semana de Entroido trouleando un pouquiño. Fixémolo tan ben, que ben nos merecemos disfrutar dun venres de Entroido disfrazados do que máis nos gusta.Así que xa sabedes, mañá todos disfrazados. E ata o ano que vén me despido, co desexo de desfrutar doutro ano de Entroido.
VENRES, 12 DE FEBREIRO
Hoxe comeza a fin de semana do Entroido, e como o Meco encargou no cole todos temos que levar o disfraz, todo o mundo trouxo o seu favorito.
E fixemos moitas fotos!