O 17 de maio celébrase o Día Mundial de Internet. Nestes momentos que estamos vivindo pasamos máis tempo do habitual conectados á rede. Precisamente agora máis que nunca é fundamental facer un uso seguro de Internet, ese recurso tan magnífico que nos permite saber cun só clic o que ocorre na outra punta do mundo, ou que nos axuda a sentir moi preto a xente que está lonxe, coa que desfrutamos de concertos, de visitas a museos e de mil cousas máis sen saír da casa…
Neste día achegamos un decálogo de recomendacións que non debemos esquecer para usalo… Sempre con sentidiño!