🎃🎃🎃 O mércores celebramos o #Samaín , foi un día estupendamente terrorífico acompañado de creatividade, cabazas e unha merenda mio especial 🧙🏼♀️👻🎃
Se as cabazas foron decoradas dun xeito fantástico e moi moi terrorífico, non deixedes de ver a orixinalidade das merendas: momias, dedos cortados, cabaciñas doces, pantasmas, arañas….todo estaba delicioso.
E que medo pasamos coas historias á luz da lanterna!!