Como todos os anos celebramos o Día das Escritora o luns máis cercano á festividade de Tereixa de Xesús, o 15 de outubro.
A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo .
O lema deste ano, en palabras de Ana Aramburu, directora do BNE é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron (as mulleres escritoras) en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso.
«Houbo unha vez unha guerra.
Despois da guerra, quedamos sen casa.
-Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
Fomos vivir ao coche.
Desde entón, vivir era viaxar.»
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012
