O 23 de febreiro, dedícaselle o día á gran escritora galega Rosalía de Castro.
Rosalía foi unha escritora e poetisa galega moi importante. O seu libro «Cantares Gallegos» era o primeiro que se escribía, despois de moitos anos, no noso idioma. Celebrámolo este día porque é a data do seu nacemento. Ata este ano, o Día de Rosalía celebrábase o 24 de febreiro, día do seu bautismo, pero atopáronse uns documentos que acreditan que a nosa poetisa naceu o 23 de febreiro de 1837.
No colexio e na biblioteca fixemos varias actividades ao redor da súa figura, aprendémonos unha poesía, fixemos a súa caricatura e elaboramos un mural no que puxemos versos dos seus poemas. Ademais, decoramos a porta da biblioteca coa súa figura.