Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. A situación sanitaria non nos permitiu, un ano máis, a tradicional celebración que acostumamos facer no colexio pero si celebramos este día coa realización de numerosas actividades.

Na  biblioteca do cole fixemos a actividade «Non deixes para mañán os bicos que podemos dar hoxe». Durante esta semana, os nenos crearon un sonriso e dedicárono a unha dedicaron a  alguén  moi especial na súas vidas: a súa  amilia,  os seus amigos e as súas mascotas.

Ademais os alumnos de 4º da ESO, que este ano acaban a súa etapa escolar no cole, proclamaron un manifesto no que compartiron unha pequena reflexión tras estes dous cursos marcados pola pandemia nos que a aprendimos a sorrir cos ollos:

«Nenos e nenas de educación infantil e primaria; mozos e mozas de secundaria estade moi atentos aos vosos compañeiros e amigos, cando vexades a alguén que está só, que permanece moito tempo en silencio, que os seus ollos están tristes, achegádevos a el, preguntádelle como está, se quere xogar cos vós, falar,…ou simplemente permanece ao seu lado para que non se sinta só, acompañádeo».

Neste día tivemos tamén un recordo especial para a relixiosa M. Victoria Valverde, xa que cando a Igrexa proclamouna beata o 13 de outubro de 2013 resaltouse unha das súas virtudes, a XENEROSIDADE, valor importante para construír a paz.

 

Publicaciones destacadas

z-destacada
Biblioteca

Lettering

El lettering se ha convertido en una de las actividades más demandadas y que más enganchan a nuestros alumnos. Pero…¿qué es el lettering?  El lettering

Leer más »
destacada
Tecnología

Día Mundial de Internet

O 17 de maio celébrase o Día Mundial de Internet. Nestes momentos que estamos vivindo pasamos máis tempo do habitual conectados á rede. Precisamente agora

Leer más »
Profesores-calasancias-vigo
#YoMeQuedoEnCasa
Música

Adivina quién canta

Los profesores de Secundaria han versionado la famosa canción de Resistiré. ¿Serías capaz de reconocer a tu profesor/a por su voz? Dale al PLAY!!

Leer más »

Síguenos

© 2020 colegio plurilingüe padre míguez, calasancias Vigo