O 20 de novembro a ONU celebra o Día Universal do Neno pois foi a data na que se aprobou en 1950a Declaración dos Dereitos do Neno. Esta declaración non tiña dereito vinculante polo que se acometaron negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos e ONG e outro 20 de novemebro, o de 1989, acordouse a Convención sobre os Dereitos do Neno, de obrigado cumprimento para os países asinantes.
O obxectivo deste día é «lembrarlle á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e o que máis sufre as crises e os problemas do mundo».
Na biblioteca do cole celebreamos este día cuns talleres onde elaboraban unha flor, en cada pétalo escriberon un dereito que para eles era importante destacar para todos os nenos. Así crearon o noso xardín.