Encargos do Meco para o Entroido

Esta semana, estamos a celebrar o Entroido. Todos os días, o Meco vai dar unha serie de instrucións que… ¡Todos temos que cumprir!

Que emoción! Con que nos sorprenderá o Meco?

Oxalá que con propostas moi divertidas… Que viva o Entroido!

LUNS, 08 DE FEBREIRO

Meco: Ola rapaces! Xa estou aquí de novo, e dende a miña posición privilexiada, podo ver ollos fermosamente pintados e lentes chamativos. Moi ben! Gústame ver que se cumpren os meus mandatos. Imos seguir trouleando un pouquiño… Mañá martes, o noso cabelo toca destacar. E cun peiteado ou complemento chamativo, ou ben cunha perruca cubrir, achegarémonos ao colexio… Ata mañá!

MARTES, 09 DE FEBREIRO

Meco:Bos días! Cóntovos unha cousa? Mañá é mércores! E xa no medio da semana estamos… Polo que un pouco durmidos andamos… E con calzado despalillado, ao cole nos achegamos.

MÉRCORES, 10 DE FEBREIRO

Meco:Ola de novo! Achegámonos ao xoves, e xa estamos preto da fin de semana. Así que como na casa nos sentimos, con bata ao cole nos achegaremos.

XOVES, 11 DE FEBREIRO

Meco: Bos días! Que contento estou! Vimos de pasar unha semana de Entroido trouleando un pouquiño. Fixémolo tan ben, que ben nos merecemos disfrutar dun venres de Entroido disfrazados do que máis nos gusta.Así que xa sabedes, mañá todos disfrazados. E ata o ano que vén me despido, co desexo de desfrutar doutro ano de Entroido. 

VENRES, 12 DE FEBREIRO

Hoxe comeza a fin de semana do Entroido, e como o Meco encargou no cole todos temos que levar o disfraz, todo o mundo trouxo o seu favorito.

E fixemos moitas fotos!

Publicaciones destacadas

destacada
Tecnología

Día Mundial de Internet

O 17 de maio celébrase o Día Mundial de Internet. Nestes momentos que estamos vivindo pasamos máis tempo do habitual conectados á rede. Precisamente agora

Leer más »
Profesores-calasancias-vigo
#YoMeQuedoEnCasa
Música

Adivina quién canta

Los profesores de Secundaria han versionado la famosa canción de Resistiré. ¿Serías capaz de reconocer a tu profesor/a por su voz? Dale al PLAY!!

Leer más »
noticias
Colegio Calasancias Vigo

Bienvenid@s!

Son muchas las actividades, trabajos y proyectos que los profesores y alumnos proponen y llevan a cabo desde las diferentes áreas y espacios de aprendizaje

Leer más »