O lema escollido para o curso 2023-2024 pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para as bibliotecas escolares de Galicia é UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS.
Con este lema se quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
O cartel, realizado por Jorge Campos, ilustrador, arquitecto e artista do cómic, é un convite a pasear polas viñetas das bibliotecas escolares.
Lembramos as palabras do gran Francisco Ibáñez:
«Agora a cousa cambiou bastante, pero eu recordo nos meus anos mozos, cando ía á escola, que os libros de texto para os nenos eran unha cousa espantosa, gris, cheos de letras e letras, e sempre pensei que os nenos aprenderían máis, non xa cos meus cómics, senón con calquera dos da miña época.
Eu véxoo cos meus netos: agora os libros dos críos teñen outra vez moitos debuxiños e tal, pero seguen sendo textos para ensinar. E eu creo que lendo simplemente as historietas, os nenos aprenderían moitísimo máis. Non tan só a ler ou a escribir, senón o que é a historia dun país, o que foi ocorrendo».
Francisco Ibañez, entrevista en Jot Down no ano 2017.
Se queredes saber máis visitade á páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia