Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán

Feliz Día das Letras Galegas! Este ano dedícanselle a Florencio Delgado Gurriarán. Naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. En Valladolid fixo a carreira de Dereito e despois exerceu como avogado no Barco de Valdeorras. Despois da Guerra Civil  marchou a México. Membro do Partido Galeguista, foi un dos fundadores do Padroado da Cultura Galega. Morreu en Estados Unidos  en 1987.

Deuse a coñecer como poeta co seu libro Bebedeira, con poemas dedicados á súa terra de Valdeorras. Outros poemarios seus son Galicia infinda (1963), Cantarenas (1981) e O soño do guieiro (1986).

Foi membro da Real Academia Galega e esta dedícalle o Día das Letras de 2022 pola súa contribución á defensa do noso idioma e da nosa cultura. 

Ao longo da semana profundizamos na figura do homenaxeado ademais de realizar actividades lingüísticas e musicais. En infantil tocamos A saia da Carolina cos Boomwhackers. Fixemos tamén un tendal de palabras con poemas de Florencio Delgado e os/as alumnos/as de secundaria decoraron a cristaleira do pavillón coa imaxe do autor. 

Publicaciones destacadas

z-destacada
Biblioteca

Lettering

El lettering se ha convertido en una de las actividades más demandadas y que más enganchan a nuestros alumnos. Pero…¿qué es el lettering?  El lettering

Leer más »
destacada
Tecnología

Día Mundial de Internet

O 17 de maio celébrase o Día Mundial de Internet. Nestes momentos que estamos vivindo pasamos máis tempo do habitual conectados á rede. Precisamente agora

Leer más »
Profesores-calasancias-vigo
#YoMeQuedoEnCasa
Música

Adivina quién canta

Los profesores de Secundaria han versionado la famosa canción de Resistiré. ¿Serías capaz de reconocer a tu profesor/a por su voz? Dale al PLAY!!

Leer más »

Síguenos

© 2020 colegio plurilingüe padre míguez, calasancias Vigo