Con motivo da celebración do Día de Rosalía este 24 de febreiro, alumnos do colexio participaron nunha actividade promovida dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
A actividade consistía na lectura de textos poéticos de Rosalía de Castro en diferentes linguas. Os nosos alumnos participaron con textos en inglés, francés, alemán, ruso e chinés.
Os minutos dos nosos alumnos son dende o 18:13 ao 20:54.
Dámoslles as grazas pola súa participación nesta actividade.