O 11 de febreiro celebramos o Día da Niña e a Muller na Ciencia, conmemoración establecida en 2015 pola ONU para recoñecer o papel clave que desempeñan as mulleres nas comunidades científica e tecnolóxica.
Cos obxectivos de visibilizar a igualdade de posibilidades e oportunidades nos estudos, actividades e carreiras científicas e técnicas; de visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áras STEM; e co de traballar o ODS Igualdade de xénero, realizamos diversas actividades: os máis pequenos coloreraron ilustracións de mulleres científicas e tecnolóxicas e os máis maiores investigaron sobre elas.
Además buscaron os seus referentes máis cercanos nestas áreas, como as súas nais, avoas, tías, irmáns, profesoras…e contáronos que estudaran e a que se dedicaran.
