O Día de Rosalía de Castro celébrase desde 2022 o 23 de febreiro e non o 24 como ocorría ata agora, tras un recente descubrimento que corrixiu a data de nacemento da autora.
Este ano tivemos a sorte de contar coa nosa Rosalía particular, a cal pasou polas clases para farlarnos da súa vida, da súa obra e de como a nosa lingua e a propia Galicia estaban marxinadas na súa época. Moitas grazas Alejandra pola túa colaboración e noraboa por facelo tan ben!
Entre todos os alumnos do cole elaboramos un mural que situamos no ventanal do polideportivo, co nome da nosa autora, formado por imaxes de Rosalia decoradas dentro de cada letra.
Ademais investigamos sobre a súa figura e a súa obra, coloreamos a súa imaxe e, en definitiva, gozamos recordando á nosa gran escritora.