Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor 2022

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. A UNESCO escolleu esta data porque coinciden o falecemento de tres grandes autores da literatura universal en 1616: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Aínda que hoxe sabemos que Cervantes morreu o 22 de abril pero foi enterrado o día 23 e Shaskespeare morreu o 23 de abril segundo o calendario xuliano vixente en Inglaterra no s XVII.

Este ano a Asesoría de Bibliotecas da Consellería de Educación encargoulle ao escritor, editor e tradutor Xosé Ballesteros a  elaboración dun texto. O autor creou un texto centrándose na parte menos visible do libro, o momento da súa creación. 

Ao longo da semana do 18 ao 23 de abril a biblioteca do cole propúxonos moitas e variadas actividades: creamos un conto ou texto literario para compartir, redactando e ilustrando o texto; lemos xuntos en clase; decoramos páxinas de libros antigos; celebramos o día 23 de abril con Don Quijote; e retomamos o taller de lettering. Foi unha semana moi aprovechada e moi divertida. 

E xa sabedes: «Non deixes para mañán o que podas ler hoxe»

 

Publicaciones destacadas

z-destacada
Biblioteca

Lettering

El lettering se ha convertido en una de las actividades más demandadas y que más enganchan a nuestros alumnos. Pero…¿qué es el lettering?  El lettering

Leer más »
destacada
Tecnología

Día Mundial de Internet

O 17 de maio celébrase o Día Mundial de Internet. Nestes momentos que estamos vivindo pasamos máis tempo do habitual conectados á rede. Precisamente agora

Leer más »
Profesores-calasancias-vigo
#YoMeQuedoEnCasa
Música

Adivina quién canta

Los profesores de Secundaria han versionado la famosa canción de Resistiré. ¿Serías capaz de reconocer a tu profesor/a por su voz? Dale al PLAY!!

Leer más »

Síguenos

© 2020 colegio plurilingüe padre míguez, calasancias Vigo