«Por San Martiño se fai o magosto, con castañas asadas.»
É tempo de castañas!! Este ano celebramos o Magosto no colexio dunha maneira especial: cunha merenda deliciosa, manualidades, o noso tradicional Castañón, xogos e música.
Para preparar esta festa, estivemos a traballar os días anteriores nas clases informándonos en que consitía e como se celebraba, ensaiando cancións tradicionais galegas, realizando poemas e adiviñas.
A ledicia non faltou nesta celebración!