A semana do 17 ao 23 de abril celebramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. Ao longo destes días teremos múltiples actividades que mostraremos nas redes sociais do colexio e no blog.
Este ano Montse Pena Presas, profesora da Universidade de Santiago especializada na investigación da literatura infantil e xuvenil contemporánea, creou un texto orixinal cedido xenerosamente ás bibliotecas escolares de Galicia para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, «que é unha celebración da mediación, de ser profe, bibliotecaria, mestra.»
Este texto complétase cunha versión longa, baixo o lema Dar de ler, que afonda no papel das mediadoras e mediadores no mundo do libro.
«Para nosoutras, silandeiras e navegantas, todos os días son o día do libro.»Mundial
